Cabaleiros de verdade, xudeus admitidos, dereitos de pernada, portugueses sen fronteira, descubrimento dos irmandiños por un historiador galeguista, o Rei invocado máis descoñecido, un tempo que mesmamente os galegos viviron sen señores...
Máis alá da historia académica, Carlos Barros ofrécenos unha visión da Idade Media galega que, ademais de permitirnos coñecer moito mellor a nosa historia, responde a problemas cos que batemos os homes e mulleres de hoxe en día.
Alén da historia estructural, economicista, Carlos Barros practica unha historia humana, onde homes e mulleres son o suxeito histórico nun momento crucial, a transición da Idade Media á Idade Moderna: cando por un intre o mundo semella porse do revés.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados