Este primeiro libro de contos de Xosé Miranda, agora reeditado, revisado e actualizado polo autor, recolle oito pezas de impecable construción e gran forza argumental que van engaiolando ao lector a cada paso. Un libro plural, aberto, no que os relatos parten do cotián para adentrarnos nas perplexidades da vida que sempre acaban por marcar o desenlace. Oito fermosos relatos inquedantes, asombrosos, premonitorios, desacougantes para o lector, pero tamén, sen dúbida ningunha, frescos, divertidos, irónicos, escritos nunha lingua áxil e capaz, que mestura con habilidade o real e o fantástico para recrear, desde unha poderosa imaxinación, o onírico, o asombroso, o misterioso. A biblioteca da iguana navega sobre o tema da identidade, especulando, anticipando, creando incomodidade, fatalidade, coma se fose un cruel anecdotario do asombroso, suxerindo unha lectura orixinal e gozosa para os lectores.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados