Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A era de Acuario

Imagen de portada del libro A era de Acuario

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • A era de Acuario, así comeza o primeiro verso da canción que abre a ópera rock Hair ¿Casualidade? Nada é casual nesta novela, nin sequera a distancia co que o autor enfoca e escolle os acontecementos. Todo está meditado, nada queda para a improvisación. Xosé R. Pena pon nas mans do lector unha novela iniciática onde o protagonista, Paco, un adolescente fillo de solteira, de personalidade mol, comesto polo devalar da cotidianidade pasea os seus recordos entre a nostalxia e a saudade dunha vila costeira aló polos anos 1968-71, presentándonos todo un abano de personaxes como o tío Henrique carca e trasnoitado que encarnará a figura paterna en constante enfrontamento co protagonista, ou Federico, o seu mellor e máis íntimo camarada, fillo de militar, irmán de militares agobiado pola presión de palabras como honor, patria que o conducirán pola calexa da traxedia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno