Ha sido reseñado en:
A viaxe-aventura de "A formiga coxa" de Marilar Aleixandre
Sabela Alvarez Núñez (res.)
Festa da palabra silenciada, ISSN 1139-4854, Nº. 7, 1990, págs. 147-148
Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura.
O primeiro sitio ó que chegan é unha cidade enfeitizada. As tres amigas ofrécense a busca-lo remedio; nese traballo atopan un rato de biblioteca. Resolto o feitizo, a rexedora da cidade regálalles un estoxo de coiro que contén unhas tesoiriñas, unha agulla e un coitelo.
Continuando a viaxe, as tres amigas, ás que se unirá o rato de biblioteca, caen presas dos fanáticos. Gracias ás tesoiriñas e mais ó coitelo de prata conseguen escapar da trampa.
Chegan logo a unha illa onde todo é moi pequeno. Todos andaban moi preocupados buscando a princesiña Hipatia que xa levaba un día sen aparecer. As tres amigas conseguen encontrala despois de adiviña-lo esconxuro para abrí-la entrada dunha cova subterránea.
Finalmente, nun val preto da praia de Estorde, encontran aquel lugar que andaban buscando.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados