A loba, merecedora que foi do Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa Carlos Blanco de 1999, é unha novela ambientada nos anos corenta que nos leva ó Gostofrío, unha aldea do Barroso portugués, núcleo do espacio imaxinario da narrativa de Bento da Cruz. Alí váisenos revelar a historia terríbel e estremecedora dunha das familias do lugar. Os Pereiras, na súa brutalidade e primitivismo, manteñen un segredo que toda a aldea coñece e que todo o mundosilecia. Debaixo da aparente rutina cotiá que marcan os labores do campo, escódense os sentimentos humanos máis escuros: u odio, a varicia, a luxuria, a crueldade; pero tamén os máis nobres, encarnados, neste caso, por algunhas personaxes femininas do relato.
A traxedia de A loba aparece como unha magnífica creación literaria sobre feitos e situacións que foron comúns ás aldeas de Galicia e Portugal e que, por moi incríbel que pareza, aínda seguen a producirse hoxe en día. A loba, narrada cun estilo clásico e harmonioso, que estoupa no realismo descarnado dos diálogos, amósanos a exuberante riqueza léxica de quen domina un patrimonio lingüístico que reborda modas e patróns.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados