Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A miña man na túa

Imagen de portada del libro A miña man na túa

Información General

  • Autores: , Teresa Hernández (trad.)
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1996
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-987-5, 84-7507-987-3
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • O protagonista e narrador desta novela é Xabi, un rapaz na idade da preadolescencia. Un día decide fuxir da súa casa e vai refuxiarse nunha cabana do monte, só coñecida por el e mailo seu amigo Antón. Alí, na cabana, ponse a escribí-los seus pensamentos, e deste xeito, podemos coñece-la súa historia.

    Así, sabemos que Xabi vivía só coa súa nai. O seu pai morrera nun accidente, cando el aínda non nacera.

    Un día descobre que a súa nai está namorada de novo. O mozo é Carlos, un profesor, e Xabi non o pode nin ver. Como a nai segue adiante co noivado, o rapaz non o dá aturado máis e foxe da casa.

    A través do que Xabi escribe, imos coñecendo outras cousas importantes da súa vida: a profunda amizade con Antón, un rapaz entusiasta da natureza; o seu cariño por Sabela, unha compañeira de clase que lle gusta moito; a simpatía que sente por Irene, namorada dun home que morrera asasinado...

    O relato remata na madrugada, despois de que Xabi pasase a súa primeira noite só, na cabana do monte. Nese momento, con fame e frio, desexaría sentirse preto da súa nai, como cando era máis pequeno; pero tamén sabe que, dalgún xeito, as causas xa nunca poderán volver ser como eran e el terá que afrontar unha nova etapa na súa vida.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno