Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A nena de ouro

Imagen de portada del libro A nena de ouro

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1991
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-517-4, 84-7507-517-7
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • Susi pasa moito tempo soa xa que os seus país están moi ocupados e non poden xogar con ela.

    Unha tarde de verán Susi está xogando soa na horta da súa casa. Tenta falar coas plantas, cos animais... pero non atopa resposta. De repente, aparece unha nena diminuta. Explícalle que se chama Áurica, a nena de ouro, e invita a Susi a unha viaxe para coñece-lo mundo que hai ó seu arredor. Mediante unhas palabras máxicas, a nena de ouro fai que Susi se volva tan pequena coma ela. E as dúas xuntas emprenden unha viaxe na que utilizarán os máis diferentes medios para se desprazaren: un cabalíño do demo, un carro tirado por dous escornabois, unha barca feíta coa vaíña dunha faba...

    Así, as dúas nenas van vivindo diferentes aventuras. Pero chega a noite, Susi ten que volver onda seus país, e deciden regresar. E Susi, sen saber como, atópase de novo ó pé da súa casa, xa coa estatura normal.

    ¿Fora todo un soño? Ela sabe que non, aínda que a nai se empeñe en non lle dar creto ás incribles aventuras da nena.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno