Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Imagen de portada del libro Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira “Oracións para os vosos nomes”, susceptible de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte e da literatura galega. As tres restantes seccións, “Pregoeira da ledicia”, “O teu corpo florido” e “Ausencia e noiva baixo raíces”, constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas activas da conciencia.

    O segundo poemario, Tempo de Compostela, está formado por tres seccións, que levan por título “Poemas diacrónicos”, “Poemas contemporáneos” e “Poemas nominados”, ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de “belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe”, isto é, dos poemas que integran a obra. Deste xeito atopa xustificación a presencia dos “poemas diacrónicos”, compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a Idade Media ata a actualidade.

    O presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno