As aventuras de Pinocchio son unha das máis grandes invencións da ficción literaria para instruír deleitando. A xenial creación de Carlo Collodi deulle dimensión internacional a ese moneco de madeira que botou correr mundo adiante. O seu éxito rádica en que constitúe un libro profundamente humano que chega directamente ó corazón dos lectores. As aventuras e desventuras de Pinocchio son unha fábula da vida humana, do ben e do mal, dos erros e da enmenda, da caída ante a tentación e os caprichos, e a vontade para recuperarse e de endereitarse, quizais, porque a madeira en que está tallado Pinocchio é, como ten sinalado Benedetto Croce, a propia humanidade.
A presente edición de As aventuras de Pinocchio recolle a traducción para o galego realizada por Antón Santamarina, que mereceu por este traballo o Premio Nacional de Traducción do ano 1988. Foi ilustrada, empregando técnicas de gravación polo vigués Federico Fernández, actual Premio Nacional de Ilustración 2002.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados