Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As baleas de Eduardo Reinoso

Imagen de portada del libro As baleas de Eduardo Reinoso

Información General

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • " Habería que dicir dela, en primeiro lugar, algo no que todos os membros do xurado que a premiaron se manifestaron concordes: é divertida, lese nun arrauto, non permite que o lector se despegue. E un ichó, no que ficamos entrampados; un illó no que nos envisgamos. Pola súa visualidade, polo ben que pinta unha película na que non se pode durmir. "

    O propio autor califica a súa novela como realismo esperpéntico, ou realismo exaserado con elementos surrealistas. É unha historia tráxica dun home solitario, soñador, quizais romántico, que fracasa, na que se mesturan notas de humor.

    Eduardo Reinoso é unha persoa vulgar, con pouca cofianza nas súas propias forzas, que ten un pasado gris e que un bo día comenza a soñar con baleas e cachalotes que lle van dicindo o que ten que facer para triunfar. Na novela desfilan unha galería de personaxes, onde non faltan contrabandistas de cocaína, curas, armadores, políticos e unha muller de pel verdosa, Saritiña, da que Eduardo Reinoso acaba namorandose.

    O lector ten nas mans, pois, unha nova aposta. Igual que con " Crime en Compostela " de Carlos Reigosa inauguramos practicamente o xénero policiaco nas nosas letras, a novela de Alvarez Cáccamo ensaia un novo territorio: o humor, as veces tamén a gargallada. Pero cunha decidida vocación de estilo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno