Ha sido reseñado en:
Anxo Angueira: Bágoas de facer illas: Xerais, 1997
A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico, ISSN 1130-2674, Nº. 30, 1997, págs. 107-109
Axiña que rematamos de ler estas Bágoas de A. Angueira, o corpo pídenos o bruído entusiasmado da fondísima delectación que estas páxinas, este pequeno producto estético, mostrario de sensacións, sensibilidade, lirismo, inventiva e humor, é capaz de producir na rexedoría das nosas paixóns, das nosas afectividades. O carácter sísmico do gozo humano, desencadeado no presente caso por este anaquiño narrativo que non acada sequera as 80 páxinas e que demostra que non andaba Borges moi trabucado cando facía aqueles diáfanos inquéritos de lúcido invidente... Pois en 70 páxinas adensa Anxo Angueira un conto de ouro, unha bela historia en tres actos desas que conseguen acelerarnos o siso e os latexos, e non deixala, non deixala ata o final.
Francisco Martínez Bauzas. (O Correo Galego, marzo, 1997.)
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados