Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Cantos caucanos

Imagen de portada del libro Cantos caucanos

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • “Cantos caucanos” publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa estadía durante dezanove anos en Colombia. O poemario, no que o autor expresa a súa saudade polo país americano, a súa segunda patria, -“aquela patria da mocedade”, nas súas palabras, foi merecedor do Premio Nacional da Crítica, quedando tamén como finalista no Premio Nacional de Literatura. Como na maior parte da súa obra poética, en “Cantos cucanos” Avilés pretende recobrar as extensas xeografías do Val do Cauca como unha paraíso definitivamente perdido, a través da palabra poética. Na obra, constituída por tres poemas extensos, organizados en dúas series (“Crónicas”, a primeira, e a segunda homónima ao título do poemario), a visión deste paraíso comprende unha ampla franxa temporal que representa inicialmente un ámbito precolombino edénico, logo os horrores da conquista por parte dos españois, algún dos episodios da loita pola independencia, a época contemporánea dos anos vividos en Colombia e a súa posterior lembranza saudosa desde Galicia. Para explicar este proceso de recuperación do xa perdido, empregou Avilés a figura de Ulises, imprescindible na configuración da súa poética.

    Para Martín Veiga, responsable da presente edición e autor do extenso estudio biobliográfico que a precede, a sabia utilización que Avilés fixo da súa experiencia americana desenvolvendo un tecido lírico que a transcende, converten a “Cantos caucanos” “nunha obra única no ámbito da literatura galega”. A incorporación do exotismo, tanto temático como léxico; a ollada atemporal, acaso mítico; a potencia vitalista e a dicción rotunda e sonora; a prodixiosa potencia verbal destes versos; a suntuosidade desta voz, que se demora nunha narratividade historicista propia da nova épica, mesturada igualmente cos matices delicados da poesía lírica e elexíaca, aspectos valorados unanimente pola crítica, fixeron de Cantos caucanos un dos cumes colosais da poesía galega dos anos oitenta.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno