Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Catapulta

Imagen de portada del libro Catapulta

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Catapulta, un libro de dez relatos cheos de humor desbordante que fai as ledicias de quen o le. Por Catapulta pasean eses protagonistas comúns, rutineiros, dos que tanto gusta o autor, que sempre teñen algo que dicir e que na maior parte dos casos nos sorprenden no momento máis inesperado do relato.

    Alfonso Álvarez Cáccamo búrlase mesmo do oficio dos escritores en relatos como " Asesoría literaria " e " Priscilo sen medo " (un conto que acabará por sobrecoller ó lector), xogo do que tampouco deixa fuxir á crítica. O humor chega a ser o tema central de " Velocidade da luz " , relato fermoso e sorpresivo. En " Catapulta " , o relato que dá nome ó volume, Alfonso narra as peripecias de dous estudiantes que están a facer o exame de selectividade. Hai ademais outro novo factor, presente en moitos dos relatos, que constitúe un aliciente engadido para o lector: os finais sorpresivos (como acontece en " O inmenso sacerdote " ), que ás veces son cómicos pero outras deixan paso a un lóstrego de tensión de incerteza.

    Todo un pracer, mergullarse neste dez novos relatos de Alfonso Álvarez Cáccamo, destas xentes de oficio, deste labirinto dos sorrisos e as sorpresas. Moi recomendable.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno