Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Cepillo e outros contos

Imagen de portada del libro Cepillo e outros contos

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • O libro contén cinco relatos cunha característica común: en todos eles haí unha visión absurda dalgún aspecto da sociedade actual, tratado sempre con ironía e humor.

    " Cepillo " , conta a historia dun neno a quen seus país deixan sen o can que tiña. Entón, o neno decide verte-lo seu afecto con algún obxecto do fogar. Decídese por un vello cepillo que atopa no faio. Pola noite déitase con el e descobre que o cepillo se transformou nun can cheo de vida. Os país rin del, non llo cren, ata que un ladrón entra na casa e conseguen librarse gracias ó can-cepillo, que se lanza sobre el trabándoo nunha perna.

    O segundo relato é " A árbore doméstica " . O protagonista descobre abraiado que na sala da súa casa medrou, da noite para a mañá, unha grande árbore. Vai á policia, pero alí convénceno de que debe facer como que non pasa nada.

    " O espírito guía " é o terceiro relato. O protagonista recibe a visita dun fantasma que o avisa de que un tren vai descarrilar. El trata de da-lo aviso para evita-lo accidente, pero atópase cos atrancos burocráticos e desiste.

    " A hedrera helix " : o protagonista merca unha estraña planta rubideira, para agasallar unha amiga. Pero a planta medra con moita rapidez e durante o traxecto á casa, a planta dá en medrar e medrar, rodeándolle o corpo.

    " Frouxidade de carácter " é o relato que pecha o libro. Unha noite, o narrador descobre que hai un ladrón roubando na súa casa. Póñense a falar, e o ladrón cóntalle que el se viu na obriga de dedicarse a iso se quería chegar a ser algo na vida, xa que sendo bo todos facían burla del.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno