A colección Cabalo buligán reúne contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acobillan ós que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos presentará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación.
Este volume Contos de maxia, I contén catro contos:
O pastor de coellos de Xosé Miranda.
O paxaro de ouro de Antonio Reigosa.
O ferreiro de Mambres, O ferreiro e o demo de Xoán Ramiro Cuba.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados