A colección Cabalo buligán reúne contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acobillan ós que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación.
Este volume Contos marabillosos, III contén tres contos:
o cabalo Buligán de Xosé Miranda, O mozo que non sabía como era o medo de Antonio Reigosa, O demo na mochila de Xoán Ramiro Cuba
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados