Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Contos para levar no peto

Imagen de portada del libro Contos para levar no peto

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Contos para levar no peto é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra o seu centenario. Un libro que recolle catro relatos de lectura engaiolante, ilustrados por Fran Jaraba, que son como un tesouro secreto, pois neles, está toda a maxia que as palabras levan no seu interior.

    Marilar Aleixandre escribiu “O Rato de biblioteca e a gaiteira de Marín”, unha historia de carácter ecolóxico que se desenvolve na vila de Marín, logo da construcción dunha fábrica de cartonaxes moi contaminante. Os ratos vivían felices na vila, ignorantes da conspiración que contra eles se preparaba como presuntos causantes dos cheiros e das enfermidades infecciosas que alí se producían. O Rato de biblioteca e unha moza gaiteira de cabelo ó vento axudarán a resolve-lo problema.

    Fran Alonso escribiu “Depende de nós”, un intrigante relato sobre os medos e as ameazas que sofre unha rapaza de nome descoñecido. Medos que sabemos se poden vencer bebendo un groliño de batido de cereixas con limón.

    Xosé Antón Neira Cruz escribiu “Un agasallo inesperado”, unha homenaxe ó relato da fábrica de chocolate de Roald Dahl. Marcos atopou un billetiño prateado dentro dunha caixa de bombóns; aquel papeliño leva encerrado un número de catro cifras, un premio que deberá recoller na fábrica de chocolate, situada ás aforas da cidade. Alí agárdao un agasallo totalmente inesperado.

    Antonio Reigosa escribiu “Aire de sumidoiro”, un divertidísimo conto dunha cidade na que se acomete unha loita implacable contra a sucidade e o lixo. Os cidadáns elixiron como alcalde a Osiris Xuño Soaserra, un home totalmente obsesionado pola limpeza, que prometeu que de saír elixido precisaría de só vinteún días para poñe-la cidade aseada e relucente como para comer no chan. E abofé que o consegue.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno