Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Dez eran dez

Imagen de portada del libro Dez eran dez

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1996
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-988-2, 84-7507-988-1
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Empregando unha estructura enumerativa, tódalas partes do libro xiran ó redor do número dez. Dende unha fermosa dedicatoria, que denota cada un dos dez primeiros números, ata o tradicional apartado de " Cando o autor fala de si " : " dez eran dez as dez estreliñas que paseaban nunha fria noite de nadal cando viran que a miña mamá se sentía mal. "

    O primeiro, " Dez parraguesas " , é un canto enumerativo decrecente: dez parraguesas están sentadas arredor da mesa comendo un pastel; a unha dóelIe un dente e marcha de repente, a outra dóelle unha moa e marcha ela soa... Así ata que queda unha soa, a grande larpeira, que deu conta do rico pastel.

    O segundo dos cantos, " Dez xoaniñas " , xoga moi habilmente cas nomes dos dedos das mans. Con este conto pódese xogar a miralo, seguindo as ilustracións a unha soa tinta nas que Lázaro Enríquez emprega uns grandes primeiros planos.

    O terceiro conto, " Dez vagalumes " , ten unha estructura enumerativa decrecente: dez vagalumes con dez faroliños van alumear de noite os veciños: o primeiro bate coa araña, o seguinte co escaravello, coa vacaloura, coa xoaniña, etc., ata que o derradeiro, ó acharse só, foí correndo ve-lo seu avó.

    O último dos cantos, " Dez abellas " , é o único do volume que ten un carácter enumerativo crecente: as abellas van á tenda (unha á tenda da esquina, dúas abellas van á tenda de branco do espiño albar, etc., ata que " Dez abellas voan xuntas nun magote á feíra enramada do señor Cichote " ).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno