Ha sido reseñado en:
Xosé Antonio Fernández Salgado
Grial: revista galega de cultura, ISSN 0017-4181, Nº. 108, 1990, págs. 566-568
¿Cantos galegos hai? ¿Qué variantes realmente representativas caracterizan as distintas áreas xeográficas da lingua que falamos? ¿Existen dialectos no galego ou todo é unha unidade plural? ¿Qué clase de relacións ou interferencias establece o noso idioma con outras linguas veciñas? A estas outras cuestións dáse cumprida resposta nas páxinas deste libro, que son o resultado de máis de quince anos de investigación sobre a lingua oral, dende que en novembro de 1974 empezaron no Instituto da Lingua Galega os traballos para a elaboración do primeiro Atlas Lingüístico de Galicia. Francisco Fernández Rei é o coordenador e redactor do primeiro volume, adicado á Morfoloxía Verbal, e dende entón converteuse na nosa principal autoridade nestas cuestións.
Dialectoloxía da lingua galega, o primeiro dos nosos MANUAIS universitarios, propón ó lector un exame completo e documentado da realidade viva do idioma a partir da súa riqueza e da súa diversidade, avaliada por unha extensa investigación de campo.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados