Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Galicia, Galicia

Imagen de portada del libro Galicia, Galicia

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1999
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-470-6, 84-8302-470-5
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos anos e publicada en El País, La Voz de Galicia e A Nosa Terra. A edición correu a cargo de Xosé Mato Fondo que a organizou nas seguintes series: “O conservador país onde non existen os conservadores” (Premio Fernández Latorre de periodismo); “No mellor país do mundo” (serie publicada en La Voz de Galicia); “Terra Cha, cha, cha, cha” (sobre a viaxe de Manuel Fraga a Cuba); “A Campaña do Ogro” (sobre as eleccións de 1993); “A Campaña do Botafumeiro” (sobre as eleccións de 1997); “O gaiteiro solitario” (serie publicada en A Nosa Terra); “Toca madeira” (serie publicada en La Voz de Galicia); “O pleonasmo de Don Manuel”; “Oración fúnebra pola Orquestra do Vento” (texto lido con motivo da homenaxe ós mortos na Guerra Civil, en Tui no pasado mes de agosto).

    A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación, dise na significativa cita de Ambrose Bierce que abre este libro. Galicia, Galicia é un exercicio que aúna liberdade, imaxinación e humor as tres mellores lanzadeiras do tear da tradición cultural galega. O estilo de Galicia, Galicia non é de arroutada senón dunha tranquila sátira enfiada con sutileza ó longo de dez anos de periodismo crítico. A lectura de “No mellor país do mundo”, por exemplo, escrita no comezo da xeira Fraga, resulta hoxe dunha comicidade delirante pero é tamén dunha sorprendente e cumprida profecía.

    Manuel Rivas, como un gaiteiro solitario e non en bandada marcial usa a liberdade, a imaxinación e o humor contra a grande maquinaria da chamada Pax Fraguiana: a propaganda. Galicia, Galicia é unha obra histórica e de historia, do presente que aínda vivimos, e que non trata só dun personaxe senón de todo un tempo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno