Ha sido reseñado en:
Grial: revista galega de cultura, ISSN 0017-4181, Nº. 106, 1990, págs. 240-242
Darío Xohán Cabana: Galván en Saor: Edicións Xerais de Galicia
A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico, ISSN 1130-2674, Nº. 2, 1990, págs. 163-164
O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas.
Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece, traductor de Dante " A divina comedia " e de Petrarca " Cancioneiro " entre outros textos. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e enleve. Estas son as artes e as sabedurías de Darío Xohán Cabana.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados