Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Horizontes poéticos

Imagen de portada del libro Horizontes poéticos

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Este volume é unha viaxe á poesía ibérica actual a través da parcialidade de cinco voces que forman parte dunha xeración emerxente e son o suficientemente representativas nas súas respectivas áreas lingüístico-literarias: Àlex Susanna, catalana; Felipe Juaristi, eusquera; Pilar Pallarés, galega; Luis García Montero, española; e Fenando Pinto do Amaral, portuguesa. Unha viaxe preparada por Luciano Rodríguez Gómez, profesor de Literatura Galega na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e un dos mellores coñecedores da poesía contemporánea. Cinco poetas e cinco linguas en diálogo co antólogo. Cinco entrevistas de presentación e valoración do feito poético. Cinco antoloxías de textos que inclúen algúns inéditos, representativas da traxectoria de cada un dos poetas. Cinco liñas, cinco olladas sobre unha mesma paisaxe poética que veñen percorrendo cinco voces que proxectan a mirada experiencial, común e plural que cada autor especifica no seu ámbito lingüístico de expresión.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno