Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Longa lingua

Imagen de portada del libro Longa lingua

Otros catálogos

Descripción principal

  • Longa lingua xorde dunha proposta que ao tempo é un reto: escribir un relato co que tentar reflectir e interpretar a nosa realidade lingüística. O resultado: 18 narradoras e narradores que, a petición da Mesa pola Normalización Lingüística e publicado por Xerais, poñen nas nosas mans a súa peculiar visión do noso idioma e da súa situación social, nun volume insólito que demostra unha vez máis que compromiso e literatura poden ir da man axudándonos a entender e interpretar o mundo que nos rodea. Porque, parafraseando a Rilke, a lingua é a auténtica patria dos galegos e galegas.

    Botando man da innegable capacidade que a literatura ten para interpretar a realidade que a rodea, A Mesa propúxolles aos narradores e narradoras socios e socias da organización un exercicio de interpretación da realidade lingüística galega: escribir un relato no que se achegasen, desde a perspectiva que lles parecese máis interesante, a algunha das caras que presenta hoxe a situación da nosa lingua. Longa lingua é o resultado desa proposta, un volume que Xerais pon na man dos lectores e no que 18 autores e autoras nos ofrecen o seu particular achegamento á nosa lingua desde múltiples perspectivas. É, en definitiva, unha contribución á interpretación da nosa realidade lingüística e un convite para a reflexión e o debate que, a partir da literatura, pode suscitar a situación actual do galego.

    A Mesa pola Normalización Lingüística é unha organización social, plural e apartidaria, que, desde o seu nacemento no ano 1986, ten como obxectivo desenvolver iniciativas destinadas a conseguir unha maior presencia social do galego e un maior respecto polos nosos dereitos lingüísticos. Ao longo destes anos A Mesa desenvolveu un intenso traballo de dinamización social a favor da lingua desde unha vontade integradora, tentando implicar no seu traballo a todo tipo de colectivos e entidades, para conseguir así maiores e mellores resultados na reivindicación da lingua.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno