Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Manual e exercicios de galego urxente

Imagen de portada del libro Manual e exercicios de galego urxente

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • O Manual e Exercicios de Galego Urxente, preparado polos profesores X. Ramón Pena e Manuel Rosales, actualizado segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega de 2003, está estruturado en dous grandes bloques: o «Manual» (onde se expoñen os contidos teóricos) e os «Exercicios» (para levar á práctica o exposto mediante procedementos).

    O «Manual» divídese en catro apartados principais:

    –Ortografía e Morfosintaxe, especie de prontuario gramatical onde aparecen expostas e resoltas as ocasións e empregos máis frecuentes dos diferentes apartados que atinxen á ortografía e á morfosintaxe do galego.

    –Léxico, con ampla información acerca do uso correcto e incorrecto dun certo número de voces e expresións frecuentes que suscitan dúbidas á hora de falarmos e escribirmos.

    –Topónimos e Xentilicios frecuentes e dubidosos.

    –Locucións e Expresións Latinas de uso frecuente co seu significado na nosa lingua.

    Ademais, ofrécense tres apéndices: palabras de ortografía dubidosa, usos do signo de puntuación, e paradigmas gramaticais, que complementan a gramática práctica do primeiro apartado do manual.

    Os exercicios constan de varias propostas para levar á práctica os contidos do manual: Ortografía, Morfosintaxe, Léxico-semántica, Expresión e Pasatempos. Este último apartado dos pasatempos, un xeito máis lúdico de aprender lingua, conta con solucionario ao final do libro.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno