Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Morrer en Castrelo do Miño

Imagen de portada del libro Morrer en Castrelo do Miño

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • No ano 1966, o fermoso e productivo val de Castrelo foi asolagado por Fenosa para construír un encoro, co único fin de acumular enerxía eléctrica para a súa exportación, provocando o éxodo de máis de 8.000 persoas. A loita dos veciños para salvar o val recibiu apoio en todo o país e converteuse nun fito histórico da resistencia contra o caciquismo e a expoliación dos recursos naturais. Por iso, como di o autor, esta novela foi víctima no seu día dunha " conspiración do silencio " .

    De Morrer en Castrelo do Miño Arturo Lezcano ten dito que " ha quedar entre as pouquísimas novelas importantes da literatura galega da segunda metade do século XX (...) a obra mestra, sen dúbida, das de Fernández Ferreiro " . Ten toda a sinxeleza dos grandes achados da narrativa que din menos " intelectual " ; ou sexa, a de maioritaria aceptación e ata, cada unha a súa escala, éxito.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno