Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O Emperador Púrpura

Imagen de portada del libro O Emperador Púrpura

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Hai unha lei universal que todos os elfos respectan: cando morre o emperador, o príncipe herdeiro debe ocupar o seu lugar. Mais que sucede se o emperador retorna da tumba? O pai de Pyrgus, a quen acaban de asasinar, resucita e preséntase no Palacio Púrpura, onde se desencadea o caos. O Reino queda sumido na maior desorde e Pyrgus e a princesa Holly Blue están decididos a evitar que caia en mans dos malvados elfos da noite. Sorte que contan coa axuda de Henry, chegado do mundo dos humanos descoñecendo que se adentra nun mundo diabólico.

    O emperador púrpura é unha historia épica, trepidante, con boas doses de humor e suspense, que entusiasmará aos lectores d’ O portal dos elfos, primeira entrega do xenial universo creado por Herbie Brennan. Unha novela considerada nos Estados Unidos como unha das mellores do ano 2005 para mozos e aclamada de forma unánime pola crítica internacional: “Fantasía con todos os ornamentos, un gran espectáculo, cheo de suspense.” The New York Times. “O emperador púrpura é aínda mellor que O portal dos elfos.” The Bookseller. “Un libro impescindible para os amantes da literatura fantástica.” Children’ s Literature.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno