Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O lapis do carpinteiro (Edición XXV Aniversario)

Imagen de portada del libro O lapis do carpinteiro (Edición XXV Aniversario)

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2005
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-9782-391-3, 84-9782-391-5
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas é a novela galega contemporánea máis apoiada polos lectores. Publicada en 1998, dende entón, conta con dezanove edicións e case setenta mil exemplares vendidos en lingua galega, ademais de constituír a obra máis traducida da literatura galega (ata agora a dezaseis linguas) e ser adaptada ao cine por Antón Reixa e ao teatro polo grupo Sarabela. Esta nova edición, dentro da colección “Xerais. Os libros do XXV aniversario”, ilustrada polo pintor Xosé Luís de Dios e correxida e actualizada definitivamente polo autor, constitúe polas súas características e acabamentos un acontecemento na edición en lingua galega.

    O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra, que chega aos nosos días. Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e graza de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

    Unha novela que constitúe o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de todas as guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Unha novela excepcional que coa presente edición ilustrada ficará no lector gravada como un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno