Cando se pretende situa-lo papel do proletariado no contexto do proceso histórico galego, atopámonos con silencios mestos e inmensas lagoas, escribe o profesor Xosé Ramón Barreiro.
E salienta algunhas razóns. A crenza de que o proletariado non xogou un papel sobranceiro no desenvolvemento de Galicia. As preferencias dos historiadores por outras áreas máis emblemáticas ou estimadas, como o campesiñado. A pouca documentación disponible (en parte consecuencia do anterior). A ausencia de escritores de sona historicamente vencellados ó mevemento obreiro (fóra de Mella e poucos máis). O control que sobre o mundo da cultura exerceron sempre os intelectuais da burguesía. Etc.
Para superar estas carencias e encher baldeiros presentamos catro importantes investigacións que van dende a Primeira Internacional en Galicia (1868-1874) á crónica documentada dun dos momentos máis conflictivos do mundo laboral en Vigo: os conflictos pesqueiros de 1932.
págs. 7-20
A primeira internacional en Galicia (1868-1874)
Xan Moreno González
págs. 21-114
págs. 115-138
Crise económica e loitas sociais na Galicia republicana: o conflicto pesqueiro vigués de 1932
X. Castro, Alberte Martínez-López, D. Pereira, Manuel González Probados
págs. 139-312
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados