Ha sido reseñado en:
Marilar Aleixandre e a novela de aventuras
Sabela Alvarez Núñez (res.)
Festa da palabra silenciada, ISSN 1139-4854, Nº. 8, 1991, págs. 104-105
Nas festas do verán, en Olveira, Sabela gañou o concurso dos videoxogos e Nito o da caza das ratas. Ningún dos dous coñecía ó outro.
Sabela ten afeccións ecolóxicas. Nito prefire non saber que fai coas ratas que caza o dono da hamburgueseria para quen traballa.
Unha noite de san Xoán que cadrou en lúa chea, Sabela saltou por riba da cacharela pedindo un desexo. Unha semana despois xa estaba envolta nunha imprevista aventura, para a que terá que contar coa axuda de Nito, o cazador das ratas.
O irmán de Sabela forma parte dun grupo de ornitólogos preocupados porque os peneireiros cinsentos, unha especíe protexida, están a desaparecer dun xeito misterioso en toda Europa.
Sabela e Nito serán as persoas encargadas de desenguedella-Io fío do problema. Un fío que os levará primeiro a Portugal, logo a Irlanda, de novo a Portugal e, por último, á ría de Vigo, coa desarticulación da banda de traficantes que andaba a rematar cos peneireiros cinsentos. E, ó longo do seu itinerario, viven aventuras a eito: persecucións, encerros, sorpresas... De todo irán saíndo con ben, gracias á intelixencia de Sabela e ó sangue frío de Nito.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados