Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Os partidos políticos en Galicia

Imagen de portada del libro Os partidos políticos en Galicia

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • “Os partidos políticos en Galicia” é unha proposta na que se estudian as organizacións políticas do noso país cunha estructura politolóxica para explicar a estructura dos partidos galegos e os xogos de poder de poder que deles dependen en función das estructuras de oportunidades e da expresión de preferencias electorias, superando a visión deterministas que dominou ata o de agora o estudios dos partidos.

    Coordinada por Xosé Manuel Rivera Otero, director técnico do Barómetro Político Galego, e contando ademais coa participación de Xosé Luís Barrreiro Rivas, Fernando Jiménez Sánchez e Nieves Lagares Díez, todos eles profesores titulares de Ciencia Política da Universidade de Santiago, esta obra achéganos unha visión da política galega que parte da convicción de que temos un sistema político maduro e avanzado, no que xa están descontados todos os cambios introducidos pola transición democrática e o desenvolvemento da política autonómica. Nieves Lagares Díez aborda a análise da historia e do modelo organizativo do Partido Popular de Galicia, dende a súa fundación ata os últimos acontecementos provocados pola demisión de Xosé Cuíña e ás actuais perspectivas de sucesión de Manuel Fraga. Pola súa banda, Xosé Luis Barreiro analiza no seu ensaio sobre o BNG o proceso organizativo do nacionalismo galego, dende a fundación da UPG en 1964 ata a actualidade. No terceiro traballo, Fernando Jiménez Sánchez aborda no seu traballo, “O PsdeG-PSOE (1973-2001): un caso de débil institucionalización”, a análise da traxectoria histórica da organización socialista galega e as súas actuais perspectivas de futuro. Por último, o coordinador do volume, o porfesor Xosé Manuel Rivera Otero, analiza no último ensaio o comportamento electoral e sistema de partidos en Galicia candoxa van alá máis de vinte anos de aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, con especial atención aos resultados das diversas Eleccións Autonómicas para conformar o Parlamento e o goberno da Xunta de Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno