Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Paixóns privadas

Imagen de portada del libro Paixóns privadas

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Xosé Ramón Pena volve con estas tres novelas curtas: La vie en rose, Concerto profano e Matar un anxo. Apuntes e chispazos que anunciaban o escritor en entregas anteriores (O reverso do espello en 1984 e Para despois do adeus) alcanzan na presente un control da estructura do relato, un dominio das formas e unha tensión narrativa que son xa mostras evidentes de madurez.

    Pena afronta tres historias de amor (de distintas maneiras de entender o amor), pero tamén de soidade, de busca, de desacougo existencial. Son personaxes na procura de si mesmos, sometidos a situacións límite, o que permite ó autor introducir o bisturí do cirurxián para descubrimos os recantos e os claro-escuros das súas vidas.

    Retallos de vida, fogaradas luminosas nun instante, sorpresa, suspense, a charada necesaria para seducir ó lector.

    O mundo literario de Xosé Ramón Pena non se conforma cos territorios xeográficos do propio país senón que entende que a visión do escritor galego (e as súas posibles capacidades) están máis alá de nós mesmos e enriquécese noutros espacios, nas xeografías do magnate americano que descubre serodiamente a súa aventura persoal, por exemplo, (afrontado a unha situación límite: a viaxe e a morte), a loita interior do artista homosexual na Centroeuropa da Grande Guerra ou a tensión urbana dun crime do noso tempo, rodeado dunha atmósfera intensa, absurda e sorprendente.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno