Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Panificadora

Imagen de portada del libro Panificadora

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1994
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-828-1, 84-7507-828-1
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • Haiwort, un oficinista, é chamado por Woolite, sub-xefe de persoal dunha gran empresa, para comunicarlle as causas que o poñen fronte ó abismo do despido... O percorrido de Haiwort na busca dunha salvación, o desexo de fuxir das ataduras oficinescas ou a neceside aparente de conservar o seu postiño de traballo, a procura e o encontro do terceiro personaxe principal da novela, máis o desenlace que isto provoca, velaí o argumento de Panificadora.

    Cid Cabido acentúa e desenvolve o seu peculiar estilo evidencialista para poñelo ó servicio dunha dobre crítica ó que denomina " Modo de Corrupción Capitalista " . A voz do protagonista Haiwort, narrador da maior parte da historia, fai unha defensa consciente do ser humano e da natureza en oposición ós intereses das grandes empresas, atentas só a unha dinámica depredadora e productivista que impide ou lastra o reencontro do individuo cos demais e co seu medio natural.

    En palabras do crítico e profesor de filosofía Francisco Sampedro, Panificadora ás veces, discorre cinematograficamente, e de feito as alusións ás técnicas da sétima arte están presentes (soberbia a exemplificación do ' estupor ' no paralelismo entre o abre-pecha da neveira e do ascensor), pero onde penso que está unha das claves para dar conta da calidade do libro é nos mecanismos que Cid Cabido emprega na narración, e que non son outros que os mecanismos do soño: condensación e desprazamento, que son utilizados para metaforizar a condición humana no seo do que o marxismo denomina Late capitalismo Empregando unha nomenclatura intencionada para crear un territorio narrativo despegado da realidade pero só destinado a pensala criticamente, Cid Cabido presenta, con humor corrosivo e moi coidada sonoridade da palabra, unha historia na que o principal é o ácido zume conseguido na maneira de contar.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno