Eduardo Pondal (1835-1917) é, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez, un dos tres grandes autores do Rexurdimento do século XIX. El é o poeta dos pinos, o bardo, a memoria antiga da Galicia celta, os verdes castros, mitos históricos do mundo anterior á cegada do romano.
A súa obra Queixumes dos pinos é referencia obrigada na procura das raíces de identidade da nación galega, os fillos de Breogán, e o primeiro grande esforzo para a construcción duna lingua literaria e culta.
Esta edición da súa poesía, comentada e anotada, introduce ó lector no mundo poderoso e baril da nosa máis remota memoria, vizosa fonte de inspiración que unha riquísima tradición continúa.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados