Ha sido reseñado en:
Laura Caveiro: Polas inmensas e alleas fortunas: Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1995
A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico, ISSN 1130-2674, Nº. 25, 1996, págs. 131-133
Rasquei a caluga mentres ollaba as seductoras pernas dunha minisaieira ben acompañada. Unha moi mantida traballadora da banca. Aínda que o de traballadora fose un dicir, claro.
As dez en punto da mañá. Unha derradeira esculca de enriba abaixo rematando nas pernas, e axiña andando ó choio.
Para quietiño aí, Tom -díxenme-. Calma, calma.
Prendín un cigarro sen perder detalle dos dous homes que roldaban a boneca, un par de desgraciados que acabarían a mañá remexendo billetes con aquela femia preto. Porca miseria. Dei unha calada fonda ó cigarro e no medio do fume a nena acadaba un aprobado e ía servida.
Esmaguei con arroutos a cabicha, despois erguinme a modiño, fitándoa. Ela, mentres, facía como que me ignoraba, pero iso é difícil.
Camiñei cara á saída flemático e duro, chantando ó meu paso unha ollada despectiva.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados