Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Robinson Crusoe

Imagen de portada del libro Robinson Crusoe

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • O Robinson Crusoe, o coñecido relato do náufrago e a súa loita pola supervivencia durante máis de vintecinco anos completamente só nunha i!la do Caribe. é unha das primeiras grandes creacións da narrativa inglesa moderna.

    Desde o momento da súa publicación. na Inglaterra protoindustrial dos camenzos do século XVIII, esta apaixonante epopeia dun horne só frente á natureza acadou unha aceptación e celebridade fóra do común e converteuse nun clásico da narración de aventuras e viaxes, inaugurando unha longa e ricaz tradición novelística e servindo de modelo para numerosas versións e imitacións en tódalas literaturas. Desde aquela ata hoxe a popularidade do relato non deixou de medrar, e o Robinsón pasou de ser un heroe de novela a converterse nun auténtico personaxe mitolóxico.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno