Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Tánata

Imagen de portada del libro Tánata

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1998
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-208-5, 84-8302-208-7
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Tánata, novela redactada por Antón Risco coincidindo coa súa dorosa enfermidade e coidadosamente corrixida nos seus últimos días, é un impresionante e sobrecolledor alegato a prol de como convivir coa morte. O escultor Xoán Serra atopa no maleteiro do seu coche o cadáver dunha muller de trinta anos, vestida cunha saia florida e un suéter verdecente; o seu rostro a penas amosaba un humilde sorriso. Xoán Serra, arrepiado procurará infructuosamente, a axuda da policía do distrito. Barallando mil posibilidades, optará pola orixinal idea, que considerou como a menos arriscada, de disecar o cadáver empregando as técnicas da taxidermia na que era especialista, e convivir con ela no seu estudio. A partir de entón, a muller converterase en Tánata, fermosa boneca ou estatua, que enamorará tanto ó Xoán como a súa extensa familia e amizades: onde non faltan dúas tías maiores sempre a rifar, Tareixa e Carme; os seus irmáns, Pedro e Irene; e a súa compañeira Marisa; o transexual Carla; o místico Paco; o retrasado Claudio-. A desaparición de Tánata, exposta na galería de arte A Máscara, iniciará unha delirante pescuda que resultará infructuosa ata que Xoán Serra coñece a Laura. Será entón, e por simple azar, cando unha súbita intuición iluminará a Xoán e permitirá a resolución do enigma. Novela escrita con pulcritude, precisión, con exquisito sentido do humor, non exento de ironía e profunda amargura, constitúe un modelo maxistral de texto no que o lector debe participar nun xogo entre fantasía e realidade. Novela impactante, divertida e sobrecolledora.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno