A colección de relatos Venus Negra apareceu por vez primeira en Gran Bretaña en 1985 e reeditouse dous anos despois nos Estados Unidos baixo o título de Santos e Descoñecidos. Os contos son froito da imaxinación revisionista de Carter que ofrece unha serie de retratos e versións corrixidas da vida de protagonistas ben coñecidos e ata certo punto institucionalizados na cultura occidental. A relación de Edgar Allan Poe coa súa nai, a sexualidade de Puck en O Soño dunha noite de Verán, ou a violencia de Lizzie Borden, a personaxe dun coñecido versiño infantil inglés, convértense da man de Carter en temas obxecto dunha provocativa reescritura. No conto que dá título ao volume, Carter fai que o famoso poeta Baudelaire apareza descrito desde a perspectiva da súa amante Jeanne Duval, atacando o estereotipo do papel asignado á muller na arte universal como mera fonte de inspiración.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados