Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Poesía galega completa II: Poemas impresos

Eduardo Pondal, Manuel Ferreiro Fernández (ed. lit.)

  • Manuel Ferreiro publica, en catro volumes, a edición crítica da obra completa da figura de Eduardo Pondal, un dos centros de interese deste investigador. Neste volume, considérase poema impreso toda composición publicada por Eduardo Pondal en formatos e medios diversos: desde O dolmen de Dombate e a versión ampliada de A campana d’Anllóns, ambas as dúas publicadas como folletos impresos, ata follas impresas soltas, poemas en diversos xornais e revistas –maioritariamente publicacións periódicas do ámbito galego, tanto do interior como da emigración– , así como outros textos que o poeta foi enviando a libros de homenaxe, coroas fúnebres, etc.

    Deste xeito, o corpus da lírica impresa reúne, por orde cronolóxica, tres composicións publicadas antes de 1886, non recollidas en Queixumes, xunto con outros 62 poemas editados posteriormente.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus