Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Poesía galega completa III: poemas manuscritos

Imagen de portada del libro Poesía galega completa III

Información General

Resumen

  • Manuel Ferreiro publica, en catro volumes, a edición crítica da obra completa da figura de Eduardo Pondal, un dos centros de interese deste investigador. Eduardo Pondal. Poesía galega completa III. Poemas manuscritos reflicte a vontade do noso poeta con relación ao futuro da súa obra poética inédita, expresada con clareza no seu derradeiro testamento: «Dejo mis manuscritos literarios y mis impresos poéticos a la Real Academia Gallega para que los expurgue en connivencia con mis albaceas». Deste xeito, a empresa da edición dos materiais manuscritos —neste caso líricos— existentes na RAG, mais tamén noutros arquivos, revélase como tarefa fundamental por canto responde á vontade explícita do autor e tamén por se tratar da obra dunha das figuras máis sobranceiras da literatura galega.

    Cómpre ter en conta dúas cuestións fundamentais á hora de establecermos o corpus da lírica manuscrita: a definición de poema e a fixación textual dos poemas manuscritos, nomeadamente dos autógrafos. Deste xeito, hai poemas manuscritos perfectamente acabados, e mesmo asinados nalgún caso, semellando estaren dispostos para a súa publicación; hai poesías que contan cunha única redacción autógrafa con vacilacións e alternativas de redacción, que constitúen a maioría dos casos; composicións que presentan redaccións múltiples con diferente grao de finalización, onde non resulta dificultoso determinar a redacción preferente; textos con dúas ou máis redaccións completas, en diferentes papeletas; poemas para os que existen varias redaccións diverxentes e composicións que aparecen con diversas redaccións sucesivas e acabadas, na mesma papeleta, que mostran unha pregresión conceptual e literaria. A lírica pondaliana de transmisión apógrafa está constituída por todos aqueles textos de que non contamos con testemuño manuscrito autógrafo, quer publicados após da morte do poeta, quer manuscritos en copias.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno