Antoloxía do teatro escrito e representado durante os anos en que as Irmandades da Fala estiveron en activo, é dicir, desde a súa fundación (1916) até a ditadura do xeneral Primo de Rivera (1923). O volume ábrese co texto "Novo teatro para un tempo novo", en que a editora, Laura Tato, explica o proxecto de renovación do teatro galego que pensaban levar a cabo as Irmandades, os criterios de selección das pezas que compoñen a antoloxía e un breve estudo de cada unha delas. A seguir, os catro obras seleccionadas nunha edición divulgativa, con notas explicativas, que vai dirixida a todas as persoas interesadas no feito cultural galego: Donosiña, de Xaime Quintanilla; Entre dous abismos, de Antón Villar Ponte; María Rosa, de Gonzalo López Abente e mais Un caso compricado, de Leandro Carré Alvarellos.
Donosiña: drama en tres actos e un prólogo, en prosa
Xaime Quintanilla
págs. 31-94
Entre dous abismos: farsada granguiñolesca nun paso, feita a correr
págs. 95-108
págs. 109-151
Un caso compricado: comedia en dous actos
págs. 153-186
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados