Esta obra quere contribuír a mobilizar un debate necesario na sociedade galega contemporánea: a integración social, lingüística e cultural das mulleres inmigrantes.
As investigacións presentadas neste libro adoptan a perspectiva de xénero para procurar significacións novas e identificar novas subxectividades con relación aos movementos migratorios. O estudo das traxectorias migratorias das mulleres deriva na constatación das desigualdades que singularizan o feito de ser inmigrante, traballadora e muller. O obxectivo principal do volume é achegarse ás mulleres inmigrantes asentadas no noso país, co fin e comprender as particularidades dos seus procesos de integración na sociedade galega, tendo en conta a súa bagaxe cultural e lingüística de orixe. Este libro, de autoría colectiva, pretende ser unha contribución aos estudos sociolingüísticos da inmigración e de xénero, reunindo distintas especialistas no eido das migracións en Galicia.
Muller inmigrante, lingua e sociedade: novos retos para a integración social
págs. 17-28
Contexto sociodemográfico da inmigración en Galicia (1996-2016): unha perspectiva de xénero sobre os cambios recentes no panorama migratorio
págs. 31-60
Políticas de integración da poboación estranxeira en Galicia: migracións e política lingüística
págs. 61-90
Inmigración, asociacionismo e ONG: dificultades, urxencias e desafíos
págs. 91-122
págs. 125-156
Mulleres hispanoamericanas en Galicia: unha análise da súa adatapción sociolingüística
págs. 157-187
Traxectorias lingüísticas de mulleres marroquís en Galicia: análise de caso
Carme Pereiro Felípez, Gabriela Prego Vázquez, Luz Zas Varela
págs. 189-211
As mulleres magrebís en Galicia: imaxinario social e ralidade
págs. 213-241
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados