Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Margarita Valcarce Fernández (coord.), Antonio F. Rial Sánchez (coord.)

  • No libro afróntanse cuestións sobre a formación, a orientación e a comunidade, naquelas áreas de coñecemento que, dalgún xeito, abordan as múltiples interrogantes en relación á exclusión, á vulnerabilidade e á inclusión social. A publicación estrutúrase en tres partes, diferenciadas en relación á vulnerabilidade social, entendida, en senso amplo, como a que se amosa na incapacidade de defenderse na adversidade ao non contar cos recursos que se precisa para afrontar os retos que presenta a situación crítica do momento en relación ás necesidades dos que a conforman. Na primeira parte, dedicada á orientación, abórdanse aspectos relacionados coa orientación profesional. A segunda parte da obra aborda, en catro capítulos, cuestións relativas á formación e o seu sentido no traballo cos colectivos vulnerables. A terceira e derradeira parte do libro dedícase á comunidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus