A quinta edición do Encontro Mocidade Investigadora tivo lugar os días 12 e 13 de xuño de 2017 e contou coa participación de máis de 200 investigadores pertencentes aos distintos programas de doutoramento nos que participa a Universidade de Santiago de Compostela. Do mesmo xeito que nas pasadas edicións, marcáronse como obxectivos principais a visibilización do traballo dos participantes (en especial daqueles que se atopan en estadíos iniciais da carreira investigadora) e o fomento da colaboración e o intercambio de coñecementos entre as catro áreas temáticas consideradas (Ciencias sociais e xurídicas, Ciencias da saúde, Ciencias experimentais e tecnolóxicas e Humanidades). O presente libro recolle os resumos dos traballos presentados
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados