Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
O obxectivo das xornadas é estimular a posta en común e o intercambio de experiencias didácticas entre distintas áreas de coñecemento para, deste xeito, potenciar o traballo interdisciplinar e a actualización permanente do profesorado da UDC. Este ano queremos pór o foco no traballo que se está a desenvolver no seo dos GID, cuxo labor está a contribuír de maneira significativa a mellorar a calidade do ensino e á renovación do modelo educativo no marco das titulacións oficiais de grao e de máster. Por este motivo, as liñas temáticas seleccionadas para esta edición coinciden coas 8 liñas prioritarias de actuación definidas para os GID:
Metodoloxías activas en docencia presencial e semipresencial.
Procesos e instrumentos de avaliación da aprendizaxe .
Titorización e atención ao estudantado.
Uso e aplicación de recursos tecnolóxicos para mellorar a aprendizaxe.
Responsabilidade social universitaria.
Emprendimento e empregabilidade.
Instrumentos e recursos para mellorar a organización e o desempeño docente.
Accións de divulgación e transferencia do coñecemento á sociedade
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados