Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Cartas de Galiza

Imagen de portada del libro Cartas de Galiza

Información General

Resumen

  • Esta nova edición e tradución das Cartas de Galiza actualiza e anota as oito crónicas que Prosper-Henri Devos publicou no xornal L’Etoile Belge entre setembro e outubro de 1912, un documento histórico e literario de valor incalculábel. Case perdidas para o lectores e investigadores galegos e portugueses, hoxe é preciso recuperalas como memoria individual dun escritor novo, ávido de novas experiencias, que simpatizou coas xentes máis humildes, e como memoria colectiva dun país.

    En Cartas de Galiza, o escritor aventúrase nunha busca do eu interior, do espazo alleo e da Historia. Fuxida constante cara ao pasado, evasión permanente do escritor cara ao imaxinario fronte a unha realidade, a da súa propia vida, que o afoga e o mutila, as Cartas atrapan ao escritor belga noutro espazo-tempo á marxe da modernidade e da civilización europea.

    Cartas de Galiza é unha viaxe obrigada polas principais cidades galegas, pola súa arquitectura e as súas xentes. Na procura de si mesmo, Prosper-Henri Devos atopa unha realidade que o apreixa e o transcende e lígase de amizade cos cenáculos literarios ourensáns, facendo dos escritores galegos un exemplo de cosmopolitismo e de abertura cultural.

Otros catálogos

Identificadores de libro


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno