Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os trobadores da terra de Betanzos

Concepción Delgado Corral (pr.)

  • As cantigas medievais constitúen o primeiro e máis importante monumento literario galego, elemento basilar da nosa identidade colectiva. Este volume constitúe unha aproximación diversa a catro figuras orixinarias da terra de Betanzos: os trobadores Pero de Armea, Pero García de Ambroa e Pedro Amigo de Sevilha e mais a soldadeira María Pérez, a Balteira, protagonista de múltiplas cantigas de escarnio e maldizer.

    Tras unha aproximación literaria á figura e á obra dos tres trobadores, preséntase unha antoloxía das cantigas da súa autoría e unha escolma dos textos sobre a soldadeira de Betanzos, para cerrar o volume cunha selección de poemas contemporáneos inspirados nos trobadores betanceiros e en María Balteira.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus