Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Intenso e solidario feminismo: Estudos rosalianos

María Pilar García Negro, Carme Fernández Pérez-Sanjulián (ed. lit.), Kathleen N. March

  • Neste volume recóllese unha antoloxía de estudos rosalianos publicados por M.ª Pilar García Negro ao longo dun amplo período temporal, entre 1980 e 2022, desde os inicios do seu labor investigador e publicístico até a actualidade, xa consolidada como autora de estudos de referencia neste ámbito. Así, de entre o amplo conxunto da súa produción (véxase a bibliografía rosaliana que se presenta a seguir) para este libro seleccionamos quince traballos, dez artigos e cinco capítulos de libro, que consideramos representativos dos núcleos de interese da súa autora mais que, na súa maior parte, resultan de difícil acceso para o público xeral a día de hoxe: nuns casos por seren artigos antigos, publicados no seu día en soportes que poderíamos cualificar de informais ou en libros xa descatalogados; noutros, por estaren incluídos en publicacións de tipo académico, non sempre de acceso aberto e, por tanto, dificilmente accesíbeis para o público xeral.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus