O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) é un instituto mixto
universitario, situado na cidade de Lugo e conformado pola Universidade de Santiago de Compostela, a
Consellería de Medio Ambiente, a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da
Xunta de Galicia e o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES).
Unha das actividades do IBADER é a publicación e difusión de información científica e técnica sobre o
medio rural desde unha perspectiva pluridisciplinar. Con este obxectivo publícase a revista Recursos
Rurais orientada a fortalecer as sinerxías entre colectivos vinculados ao I+D+I no ámbito da conservación e xestión da Biodiversidade e do Medio Ambiente dos espacios rurais, os Sistemas de Produción Agrícola, Gandeira, Forestal e a Planificación do Territorio, tendentes a propiciar o Desenvolvemento Sostible dos recursos naturais.
Recursos Rurais estructúrase en dúas series. A serie Científico-Técnica publica artigos, revisións, notas
de investigación e reseñas bibliográficas. Os artigos, revisións e notas deben ser orixinais, sendo
avaliados previamente polo Comité Editorial e o Comité Científico Asesor. A serie Cursos e Monografías
publica reunións, seminarios e xornadas técnicas e de divulgación, así como a promocionar a difusión de
Teses de Doutoramento, revisións ou á reedición de obras fundamentais.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados