Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Ferramentas moleculares e estatísticas para a análise de parentesco en programas de mellora xenética en acuicultura

  • Autores: Ania Augusta Pino Querido Ferreira
  • Directores de la Tesis: Jaime Castro Alberto (dir. tes.), Paulino Martínez Portela (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2008
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Gonzalo Álvarez Jurado (presid.), David Chavarrías Lázaro (secret.), Carmen Bouza Fernández (voc.), Carlos Infante Toscano (voc.), Manuel Manchado Campaña (voc.)
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • No presente estudio avaliáronse as propiedades dun conxunto de loci microsatélite para a asignación de paternidades en tres especies de gran importancia na acuicultura española, o rodaballo (Scophthalmus maximus; 12 loci), o linguado senegalés (Solea senegalensis; 12 loci) e a dourada (Sparus aurata; 11 loci). As análises foron realizadas a partir dos stocks de reproductores e de numerosas familias obtidas dos mesmos durante o proceso rutineiro de producción de Stolt Sea Farm S.A. e Insuiña S.A. A grande variabilidade xenética atopada nestes loci reflectiuse nos elevados potenciais de exclusión teóricos globais (superiores ó 99%), calculados para o conxunto de tódolos loci. Valores similares foron observados nos subconxuntos de 4, 5 e 6 loci seleccionados para deseñar unha ferramenta de asignación de paternidades en linguado, dourada e rodaballo, respectivamente, combinando o mínimo coste cunha aceptable fiabilidade. Cando se utilizaron estes subconxuntos de marcadores, observáronse sobreestimas nos valores teóricos de asignación fronte os reais tanto en linguado senegalés como en dourada. Esta discrepancia debeuse, principalmente, á estrutura familiar observada nos stocks de reprodutores. Sen embargo, as porcentaxes de asignación pai-fillo obtidas co total de marcadores foi do 100% para as tres especies, dacordo coas expectativas teóricas. De forma específica, aplicouse a ferramenta desenrolada en dourada con 11 loci microsatélites para trazar as relacións familiares co fin de estimar as herdabilidades de dúas anomalías esqueléticas de gran incidencia no cultivo desta especie: a ausencia de opérculo e a lordose. As herdabilidades resultaron non significativas para ningunha das anomalías, polo que o control das mesmas debería centrarse nas condicións de cultivo. Por último, analizáronse as propiedades estatísticas de catro estimadores de momento para a estimación do coeficiente de parentesco a partir dun grupo de familias de rodaballo xenotipadas con 11 loci. O estimador que presentou a maior exactitude e precisión foi o descrito por Wang (2002). Tendo en conta os errores asociados a estes estimadores e co número de loci aplicados habitualmente neste tipo de estudios en acuicultura, desenrolouse neste estudio un novo método de clasificación que mellorou as estimas de parentesco nun amplo rango de escenarios. Este sistema, baseado nas propiedades da normal, consistiu en igualar os erros tipo I e II, partindo do coñecemento do erro da estima e das proporcións dos parentescos básicos existentes nunha xeración cando non hai consanguinidade acumulada.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno