Estudo do concepto de institución no sistema teatral e a súa aplicación tanto sincrónica coma diacrónica ao caso galego. A tese procura, así, unha descrición do sistema teatral galego desde o seu artellamento institucional aplicando a teoría de sistemas de Itamar Even Zohar e a teoría de campos de Pierre Bourdieu. A tese trata, tamén, de definir as implicacións das características do espazo simbólico galego definidas desde as institucións sobre o proceso de emerxencia e conformación do sistema teatral.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados